Os días 28 e 29 de outubro viaxamos a Cuéllar e Valladolid para visitar a exposición Las Edades del Hombre este ano co tema Reconciliare. De camiño paramos en Olmedo onde fixemos unha visita guiada polo recinto histórico vendo o que queda da muralla, as igrexas mudéxares de Santa María del Castillo, San Miguel e San Andrés, a torre do reloxo da Real Chancillería, diversos palacios e casas de arquitectura tradicional, o placio dos condes de Bornos onde se instalou o que chaman "Palacio Caballero de Olmedo" na praza de San Julián, personaxe da obra de Lopez de Vega. Despois de xantar no restaurante La Cueva de Fabia, preto da Porta de San Juan, continuamos viaxe a Cuéllar onde tiñamos concertada a visita guiada para as 17,45 horas.
Antón Costa Rico
O catedrático de Historia da Educación na Universidade de Santiago de Compostela, que foi un dos primeiros investigadores deste tema e que centra o seu traballo nos campos da política educativa en Galicia, pechou o ciclo de conferencias e viaxes dedicadas aos Indianos, abordando o tema da súa implicación educativa, como dixo ao iniciar a súa disertación "Cando a Galicia de alén mar sementou de escolas o país".
No mapa de Galia a maior parte de fundacións atópanse na Mariña oriental (Ribadeo). Ocupouse tamén de mencionar os galegos que se ocuparon da educación en América nos séculos XVII e XVIII. Conta o final do século XIX e primeiro tezo de XX, uns trinta foron profesores en diversos países americanos, especialmente en Arxentina e Uruguai, pero tamén en México e Cuba, que elaboraron libros de texto, moitos deles vinculados á corrente innovadora da Institución Libre de la Enseñanza.
Como xa se apuntou por outros conferenciantes, esta emigración masiva a América, máis homes que mulleres, comezou no século XIX para mudar a vida, como o fixeron os escoceses, irlandeses, alemáns e italianos, Estas correntes migratorias foron impulsadas non só por factores económicos senón tamén por motivos políticos, culturais e relixiosos. Estes colectivos, que maioritariamente proceden do medio rural, descobren sociedades urbanas, democráticas, libres e con oportunidades, pero tamén a oportunidade do papel da educación. No sexenio que comprende o destronamento de Isabel II, o breve reinado de Amadeo de Saboia e a I República (1868-1874). houbo cidadáns federalistas e de tendencia republicana, de espírito libre, algúns dedicados ao periodismo, que coa Restauración borbónica e a restricción das liberdades, decidiron emigrar. Estas persoas iniciaron actividades de divulgación creando cabeceiras de xornais e revistas, de máis o menos duración, máis de setenta en Cuba, publicacións que se distribúen entre unha parte da poboación emigrante que se forma ideolóxicamente.
Día 7 de novembro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Antón Costa, profesor de Pedagoxía e Didáctica da USC, "A emigración galega e a súa actuación cultural e educativa en Galicia".
De 19 e 20 h. anotacións para a festa anual dos socios do 25 de novembro, sábado.
Día 7 de novembro, martes
Salón de actos da Deputación Provincial
De 19 e 20 h. anotacións para a festa anual dos socios do 25 de novembro, sábado.
Día 28 e 29 de outubro, sábado e domingo
Viaxe a Cuéllar (Segovia) para visitar a exposición Reconciliare de Las Edades del Hombre, e a Valladolid para ver a exposición Hijo del Laocoonte. Alonso Berruguete y la Antigüedad pagana e o Museo Nacional de Escultura.
Día 21 de outubro, sábado
Viaxe a Ponteceso. Visita a Casa de Pondal, castelo de Vimianzo e outros monumentos da comarca.
Saída ás 9 horas.
Día 13 de outubro, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Manuel Ferreiro, catedrático da UC, "Eduardo Pondal e a súa obra"
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe a Ponteceso e comarca.
Día 13 de outubro, venres
Salón de actos da Deputación Provincial
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe a Ponteceso e comarca.
16 de setembro de 2017
A última viaxe do Ciclo dedicado aos Indianos, foi a Ribadeo e ás localidades da súa ría, Figueras e Castropol. Comezou a xornada na Devesa onde ao longo da estrada se poden ver numerosas casas de indianos, sendo unha delas a da Sociedad de Instrucción y Recrero, Círculo Habanero de la Devesa, que visitaron sendo recibidos polo presidente Manuel Fernández Fra. O edificio principal alberga o teatro na planta baixa e o local social, coa biblioteca na primeira, conservando algunha das mesas de xogo antigas. Na parte posterior do edificio hai dous edificios que estiveron destinados a escola de nenas e nenos, con escusado no medio.
Nesta viaxe estivemos acompañados do José María Lombardero, autor de varias publicacións sobre os indianos na zona. Pasamos despois a visitar o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal "Pedro Murias", antiga Escola Agraria da Fundación Pedro Murías, dependente desde 1993 da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia percorrendo as instalacións acompaño do director José López Fernández. Alí vimos unha peza histórica relacionada coa perda de Cuba, a bandeira española arriada no Real Arsenal da Habana o 1 de febreiro de 1898, que foi entregada polo Exército español a Pedro Murias.
Día 16 de setembro, sábado
Viaxe á Ría de Ribadeo (A Devesa, Ribadeo e Figueras).
Saída ás 8:30 horas.
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.